Flores á virxe e moita música galega no día da patroa

K.ARMESTO / f.a

LEMOS

ALBERTO LÓPEZ

16 ago 2013 . Actualizado a las 06:55 h.

1 As bombas de palenque anunciaban onte que comezaba, un ano máis, o día grande das festas de Monforte. Un día 15 no que non faltou a homenaxe á Virxe de Monserrat, patroa da cidade. Foi na praza de Santo Antón onde se reuniron os primeiros veciños, acompañados das gaitas; para acudir á posterior misa con procesión que se tiña preparada na igrexa de San Vicente. En homenaxe á Virxe de Monserrat celebrouse, ademáis da misa, una multitudinaria ofrenda floral na igrexa de San Vicente do Pino que abriu o alcalde. A nota musical da misa puxérona a Coral Polifónica de Monforte, e xa á saída, a banda de gaitas do Concello.

Día do Gaiteiro

2A patroa de Monforte tivo que compartir protagonismo cunha das figuras máis identificativas de Galicia. O Día do Gaiteiro serviu para amosar variados estilos e instrumentos musicais. Cuartetos, quintetos, cantos de cegos e grupos de percusión populares recorreron durante toda a mañá as rúas do centro da cidade.

Riqueza tradicional

3Para ir quentando o corpo e preparase para a verbena que esperaría pola noite, na praza de España organizouse unha mostra de danza e música tradicional. De Brollón veu o Cego da Veneira. De Monforte actuaron o grupo de gaitas, a escola de danza e a asociación Amigos da Pandeireta.

Despedirse das festas

Toca despedirse das patronais de Monforte. Este último día, seguindo a liña do programa festivo deste ano, combina os espectáculos de humor e teatro para o público infantil, a música de charanga e a noite de verbena con actuacións de orquestras.

12.00 horas: alboradas de inicio da festa co grupo de gaitas do Concello na praza de Carude.

12.00 horas: espectáculo de maxia de Don Gelati na praza de España.

12.30 horas: pase da charanga Unión Monfortina dende a Florida ata o centro urbano.

13.00 horas: teatro e maxia co pallaso Pablo Superstar Cool no Cardeal.

20.00 horas: comedia e mostra de expresión corporal de Don Gelati na rúa do Cardeal.

20.30 horas: percorrido musical da charanga Unión Monfortina dende a praza da Estación ata o centro da cidade.

21.00 horas: espectáculo de humor de Pablo Superstar Cool na praza de España.

22.00 horas: festa verbena no Campo da Compañía coas actuacións da orquestra Los Trovadores e do grupo Canela.