O PP impulsa unha nova web para reforzar as vías de comunicación con afiliados e simpatizantes
Por Redacción
O Partido Popular de Pontevedra acaba de lanzar unha nova imaxe da súa páxina web na que ofrecerá toda a información sobre o seu proxecto de cidade e as súas propostas para unha Pontevedra Capital para as eleccións municipais do próximo 26 de maio.
O candidato do PP á Alcaldía, Rafa Domínguez, explicou que a páxina web é "unha vía máis de contacto cos veciños", por iso é polo que buscasen que ofreza toda a información sobre as nosas propostas, os actos que celebran e as persoas que forman parte da candidatura, a Executiva local e o grupo municipal.
Esta nova imaxe na súa web súmase ao cambio e impulso xa dado ás súas redes sociais, con contas en Facebook, Twitter, Instagram e Youtube, e segue os pasos de renovación levados a cabo nos últimos meses.
A web manterá a mesma denominación, www.ppdepontevedra.com, pero cunha rexeneración total de contidos. Ao apartado de noticias diarias engádese como novidade a visualización de vídeos, e todos aqueles que o desexen poderán acceder ás distintas redes sociais, tanto do partido como do candidato, a través da propia web.
A intención do PP é reforzar as vías de comunicación con afiliados e simpatizantes e poñer en marcha un vehículo máis "para canalizar as nosas mensaxes e tamén para recibir opinións, ideas, propostas ou necesidades" dos veciños de Pontevedra. A través dela, tentarán transmitir aos pontevedreses que "existe unha alternativa tras 20 anos de goberno nacionalista".
Relacionadas:
-
Rafa Domínguez quere abrir Pontevedra á ría cun proxecto de 9 millóns de euros
Por Nacho Fuentes & Anxo Lourido |
-
Rajoy reaparece na política activa: "Mi primer mitin, no había alternativa, tenía que ser en Pontevedra"
Por Natalia Puga & Diego Torrado |
-
Rafa Domínguez presume de candidatura, acompañado por Ana Pastor e Alfonso Rueda
Por Redacción |