A galega Unayta lanza un software específico de xestión para panadarías, Jusbread Soft
luns, 26 de xuño do 2017
Unayta,
compañía de servizos tecnolóxicos avanzados emprazada en
Milladoiro, lanzou este ano unha ferramenta de xestión específica
para panadarías. A plataforma
en cuestión chámase Justbread Soft é un software de xestión
ERP, ou sexa, un sistema de planificación de recursos para empresas
que, ademais, salienta por ser “completo e exclusivo para o sector
do pan”, fornecendo aos establecementos de todo o que poidan
precisar para o seu día a día (xestión, planificación, control de
recursos, distribución, loxística, etc). Segundo informa Unayta,
Justbread Soft tamén destaca por ser un proxecto “complemento
novo”, non unha adaptación doutra solución previa.
A
ferramenta xorde directamente das “necesidades do sector”, tras
comprender, os profesionais da firma de Milladoiro, “que co
asesoramento dos panadeiros poderíamos afrontar con éxito a
oportunidade de producir unha solución ERP efectiva para eles,
integrada, con ferramentas completas de control de almacén, venda e
xestión administrativa”.
As
principais funcións do programa atinxen ás
demandas tanto
do día a día (stock, TPV de cobro, reparto con tabletas,
etc) como aos
procesos administrativos e contábeis
do negocio. “A fortaleza da solución”, explican
os profesionais da firma galega,
“radica en que xurde de captar as necesidades do sector panadeiro e
darlle solucións a súa medida”. Neste
senso e aproveitando o lanzamento, Unayta fixo un convite aos
negocios do sector e ás asociacións a coñecer esta solución
exclusiva para eles, ben a través de demostracións ao vivo nas
propias panadarías ou pastelerías interesadas.