Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A presidenta da Deputación sitúa como referente turístico á provincia de Pontevedra que acadou en agosto un 87% de ocupación hoteleira

Carmela Silva amosa a súa satisfacción porque a aposta pola desestacionalización e a internacionalización está a ter os primeiros resultados positivos, co incremento de visitantes en temporada baixa e do turismo internacional

Carmela Silva amosa a súa satisfacción porque a aposta pola desestacionalización e a internacionalización está a ter os primeiros resultados positivos, co incremento de visitantes en temporada baixa e do turismo internacional

Fecha: 05 de Septiembre de 2018

Fuente: Deputación de Pontevedra


A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada do deputado de Turismo, Santos Héctor Rodríguez, presentou esta mañá os resultados de ocupación hoteleira acadados no pasado mes de agosto e que de media ascenderon ao 87%. "Podemos falar novamente dun verán de récord, cunha altísima ocupación, que sitúa á nosa provincia como o grande referente turístico de Galicia", indicou Silva.

En concreto, a presidenta provincial asegurou que a comarca do Salnés rexistrou unha ocupación do 91%, a de Pontevedra rozou o 90%, O Morrazo acadou o 92,75%, a comarca de Caldas chegou ao 93%, a de Vigo superou o 90,2%, O Baixo Miño rexistrou unha ocupación do 84,45%, O Condado e A Paradanta acadaron o 76,5% e Deza e Terra de Montes o 76,25%. Pola súa banda, os establecementos de turismo rural tiveron unha ocupación media provincial en agosto do 82%, os cámpings do 85% e as vivendas turísticas do 92%, acadando o 100% en vilas como Sanxenxo, Cambados, Poio, Pontevedra, Bueu, Vigo e Silleda.

En liñas xerais, a presidenta provincial informou que entre xaneiro e xullo, atendendo aos últimos datos do INE, "chegaron á provincia de Pontevedra 742.392 visitantes, cifras semellantes ás acadadas no mesmo período de 2017 xa que soamente se rebaixou nun 1,5% o número de visitantes con respecto ao ano pasado". Máis polo miúdo, e facendo referencia ao estudo do INE, Carmela Silva amosou a súa satisfacción porque "a nosa aposta pola desestacionalización do turismo está a ter xa moi bos resultados xa que entre xaneiro e xuño rexistramos 3.000 persoas viaxeiras máis que o ano pasado, o que manifesta que cada vez son máis as persoas que veñen ata a nosa provincia fóra da temporada turística alta".

Ademais, tamén puxo en valor que o obxectivo marcado polo Plan Estratéxico de Turismo para internacionalizar o destino está tamén a ter resultados positivos. Neste caso, Carmela Silva destacou que entre xaneiro e xullo deste ano viñeron dende o estranxeiro ata Rías Baixas 177.131 turistas fronte aos 159.000 que o fixeron no mesmo período do 2017.

O Castelo de Soutomaior e os Camiños cara Compostela pola provincia tamén acadaron porcentaxes superiores ás de agosto do 2017. Neste eido, a presidenta provincial informou que o Castelo de Soutomaior recibiu 6.278 persoas, un 26,4% máis que no mesmo mes do 2017, e que dende a reapertura do mesmo foron xa máis de 19.000 as persoas que se achegaron ata o recinto, un 104,30% máis que no mesmo período do ano pasado.

En canto aos Camiños cara Compostela, Carmela Silva subliñou que peregrinaron pola provincia 15.576 persoas, un 5% máis que o ano pasado. Máis polo miúdo o Camiño Portugués foi realizado por 11.657 persoas; o Portugués pola Costa por 2.290, un 45,7% máis que o ano pasado, e a Vía da Prata por 1.568 persoas, un 6,5% máis que en agosto do 2017.

Xunto a estas cuestións, a presidenta da Deputación tamén facilitou información relativa ás persoas que visitaron as oficinas de turismo. Neste contexto, o 81,63% proviñan do Estado (principalmente de Madrid, Barcelona, Valencia, Bilbao, Sevilla e Vitoria) fronte ao 18,37% que procedían do estranxeiro (Portugal, Italia, Reino Unido, Alemaña e Arxentina). Amais, o 55,25% das persoas que acudiron ás oficinas den agosto tiñan entre 35 e 60 anos, aloxáronse en hoteis entre 7 e 15 días e escolleron a provincia de Pontevedra, ademais de polo sol e praia, pola cultura e ocio. En total, o 56,55% dos que chegaron ata as Rías Baixas non coñecían o destino.

Estudo de comportamento de compra do destino

Carmela Silva presentou as conclusións do primeiro estudo de comportamento de compra do destino elaborado por Turismo Rías Baixas, unha enquisa que "permite coñecer datos obxectivos cos que tomar decisións intelixentes no noso plan de promoción", afirmou a Presidenta. Este estudo permite concluír, a grandes trazos, que "Rías Baixas ocupa o destino principal das viaxes das persoas que nos visitan", isto é, "que a maioría da xente vén e quere vir ás Rías Baixas", asegurou Carmela Silva. Ademais, o estudo tamén conclúe que a provincia de Pontevedra ten un turismo que prefire os hoteis e que vén entre 4 días e unha semana; que escolle o destino pola gastronomía, pola oferta cultural, pola natureza e polas praias; que Internet é o medio a través do que se informan e xestionan a maior parte das súas compras e reservas, e tamén que o destino acada unha valoración moi alta, con 4,69 puntos sobre 5.

A Presidenta da Deputación de Pontevedra resaltou especialmente os datos relativos á importancia que ten Internet como medio de reserva e de información, e asegurou que "de aquí ao verán de 2019 a revolución que imos facer nas TIC vai ser total e absoluta" . Así, Carmela Silva asegurou que "o destino está a vivir importantes cambios no relativo ás novas tecnoloxías, contemplados no Plan Estratéxico de Turismo, que nos permitirán confirmar novidades nos vindeiros meses" e adiantou que "a Deputación vén de presentar o proxecto ‘Tourist Inside' ao Goberno estatal para modernizar o destino e imos ter boas novas de forma inmediata", un proxecto que "permitirá a aposta que a propia enquisa nos di que é fundamental: modernizar e que as TIC acaden un grande papel na promoción e na compra de paquetes de viaxes" xa que "o futuro do sector pasa por elas".

Carmela Silva lembrou que as TIC son moi importantes en especial para o turismo estranxeiro e que precisamente a internacionalización é un dos obxectivos prioritarios marcados no Plan Estratéxico de Turismo. "É un turismo moi interesante que se move polos motivos que nós queremos promover, de alta capacidade adquisitiva, que consume moito e que se move durante todo o ano". A Presidenta asegurou que o fomento da internacionalización, que lembrou que é importante "para os números e para o modelo" do turismo provincial, ten que pasar pola "promoción naqueles lugares do estranxeiro a onde chegan as rutas do aeroporto de Vigo", cuxos volumes de viaxes de negocios e por ocio xa son equiparables.

A Presidenta provincial avanzou que a Deputación presentará ao sector os datos deste estudo, ao que lle seguirá outro que se elaborará xa en temporada baixa, e tamén os levará á próxima Mesa do Turismo provincial que se celebrará en outubro.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: TURISMO RIAS BAIXAS