A bipolaridade política do presidente Feijóo

O presidente galego amósase indiferente ante a absorción dunha das grandes cooperativas farmacéuticas galegas de distribución de medicamentos por unha multinacional andaluza ao tempo que insiste en que Galicia sexa a sede da Axencia Galega do Medicamento.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 12/05/2017 | Actualizada ás 09:05

Comparte esta noticia

O presidente galego non sabe o que acontece coa sanidade en Galicia. Ou non quere saber o que acontece cando se trata da privatizacións ou de absorcións de grupos galegos por grandes corporacións, como pode acontecer este sábado cunha das dúas grandes cooperativas farmacéuticas de Galicia, Cofaga, que pode acabar absorbida pola andaluza Bida Farma.

Concentración dos traballadores do SERGAS na Coruña contra os recortes en Sanidade
Concentración dos traballadores do SERGAS na Coruña contra os recortes en Sanidade

Non teño información sobre isto”, contestoulle a este medio cando se lle preguntou por unha operación que pode supoñer que os 160 millóns que esta institución gasta en medicamentos pasen a tributar á economía andaluza e da que xa informou este medio. De feito, o presidente galego, en ton vacilón mesmo riu cando se lle comparou esta venda coa venda das caixas galegas. “Pero se conseguimos que a sede quedara en Galicia”, ironizou. “Pero a sede de Bida Farma está en Andalucía”, retrucoulle este xornalista.

Tras insistir sobre esa posible absorción –que será votada polos socios o sábado--, Feijóo considerou que “é normal” que se “unan” para “mercar medicamentos e abaratar custos”.  Curiosamente, iso era o que xa viñan facendo as dúas grandes cooperativas farmacéuticas galegas, Cofaga –no norte-- e Cofano –no sur--, antes da posible disolución –que non unión-- da primeira na xigante andaluza. 

Preguntado tamén por que vai pasar co millón de euros que custou o almacén robotizado de Cofaga, sufragado co diñeiro público dos galegos, e que acabará pertencendo a Bida Farma, o presidente galego limitouse a dicir que “haberá que ver a que estaba condicionada esa axuda” e “que goberno a deu”. “Veremos con que criterios se deu esa axuda para actuar”, indicou.

Defensa da sede da Axencia Europea do Medicamento

Almacén da cooperativa farmaceútica Cofaga
Almacén da cooperativa farmaceútica Cofaga | Fonte: Cofaga

Curiosamente, Feijóo amosouse, cando menos, indiferente á desaparición dunha das grandes cooperativas farmacéuticas galegas mentres apoiaba, ao mesmo tempo, as aspiracións para que o país sexa a sede da Axencia Europea do Medicamento.

Na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, Feijóo valorou o apoio da Cámara Alta á candidatura de Barcelona para acoller este órgano que estaba situado en Londres, pero que haberá que recolocar a raíz do 'Brexit'. Con todo, asegurou que Galicia "entende" a decisión do Goberno, ante o que formalizou tamén as súas aspiracións, pero non retirará a súa proposta.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Paracetamol

A verdade é que o asunto é preocupante, que requeriría máis datos e máis investigación por parte do redactor É certo que é unha decisión empresarial, pero a Xunta podería ter expresado a sua opinión; en primeiro lugar porque COFAGA é unha entidade cooperativa, regulada por normativas autonómicas; en en segundo, porque é unha empresa importante, que move 160 M de euros e ten case 200 empregos entre directos e indirectos Ademáis, se o Consejero de Sanidad andaluz declarou a sua satisfacción pola operación, a Xunta (Feijóo) non pode respostar co silenzo, que sempre é culpable. Por último, indicar que BIDAFARMA non ´é unha “multinacional”; é unha empresa andaluza simplemente; e tamén que non sei que fai unha foto de traballadores do SERGAS ilustrando o artigo

1 Dr Bacterio

E que fan os sindicatos ?