A lotería de El Niño trae o primeiro premio a Galicia

O primeiro premio, o 22.654, vendeuse en varias localidades das provincias de Lugo, A Coruña e Pontevedra.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 06/01/2016 | Actualizada ás 13:05

Comparte esta noticia

Dotado con 2 millóns de euros á serie, o primeiro premio da Lotería do Neno foi o 22.654. Parte deste número foi vendido en Galicia. En concreto, houbo décimos comercializados en San Clodio (Lugo), en Quiroga (tamén provincia de Lugo), en Pontecesures (Pontevedra), no Carrefour de A Coruña .

Sorteo da Lotería de El Niño, primeiro premio de 2015
Sorteo da Lotería de El Niño, primeiro premio de 2015

Agora ben, o 22.654 tamén foi vendido noutros lugares de España como Tenerife, Roquetas de Mar ; Xerez da Fronteira, Conil da Fronteira, Xixón, Bilbao, Salamanca e Lleida. Cada décimo está premiado con 200.00 euros.

O segundo foi o 60.755 (dotado con 750.000 euros á serie). Foi vendido na Administración número 1 de Madrid.

O terceiro premio da Lotaria do Neno foi o  95.395 (dotado con 250.00 euros á serie). Foi vendido en Palencia. O sorteo repartiu este ano un total de 630millóns de euros, 70  máis que o ano anterior. As vendas subiron máis do 1%.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta