A túa guía de peto
A App do Camiño
Nace como parte do proxecto Smart Camiño co fin de acompañarte na túa viaxe e ser a túa guía de peto; é unha aplicación móbil pioneira, que ten a grande aspiración de situarse como líder no seu segmento.
É unha aplicación gratuíta dispoñible para as plataformas iOS e Android, e que será permanentemente actualizada.
Achega información sobre todas as rutas do Camiño de Santiago desde a súa entrada en Galicia: Camiño Francés, Camiño de Fisterra e Muxía, Vía da Prata, Camiño Portugués, Camiño Primitivo, Camiño do Norte, Ruta do Mar de Arousa e Río Ulla, e Camiño de Inverno.
Disporás, en tempo real, de toda a información que necesites en cada momento:
- Acceso a toda a información dos trazados oficiais das rutas. Ademais para os usuarios rexistrado permitirá acceder ás rutas personalizadas no portal
- Rede oficial de albergues coas súas características, horarios, localización, teléfono e fotos
- Acceso a información de eventos (festas, concertos, talleres...)
- Información detalladas (descrición, localización, imaxes…) de todos os recursos turísticos
- En cada un dos tramos poderá consultar onde comer, onde aloxarse, que visitar…
- Alertas de ofertas publicadas establecementos turísticos
- Información en tempo real das condicións meteorolóxicas fornecida por MeteoGalicia
- Datos de contacto e dirección dos centros de saúde e emerxencias
- Realidade aumentada que permitirá a través da cámara do móbil visualizar todos os puntos de interese situados nas proximidades
- O meu diario permitirá gardar os momentos máis importantes do Camiño (notas de texto/fotos), para posteriormente a través da funcionalidade do portal A miña Experiencia crear o seu propio libro dixital
- Dispoñible nos idiomas galego, español e inglés
- Ademais, a maior parte das súas funcións están dispoñibles sen necesidade de cobertura no móbil.
Outras Apps relevantes relacionadas co Camiño:
- Camiño de Santiago / Eroski Consumer
- eCamino
- miCamino
- Camiño de Santiago 2.0
- Camiño de Santiago en Galicia
- Camiño 360º
- Os Camiños de Santiago
- Servizo de emerxencias 112 en conexión coa app Alpify