Seu foi o mérito de empregar-emulando a Manuel María- as palabras "gaiola" e "orballo" en microcreacións literarias en galego que venceron nos concursos de micropoemas e microrrelatos convocados polo ente que aglutina ós equipos de Normalización Lingüística dos dez centros educativos locais, Dinamizaestrada. Por iso, onte, na III Festa das Palabras apadriñada por David Otero e animada polo grupo Nai, os 62 rapaces galardoados recibiron o aplauso do público, un caravel branco e un libro que compila os textos premiados e ilustracións de nenos de Infantil.

En micropoemas, no primeiro ciclo de Primaria venceron Miriam Renda Durán, Miguel Anxo Torres Vilariño, Ana Dorelle Ferradáns, Adrián Gómez Barros, Mateo Fernández Mosteiro, Iziar Barcala Iglesias e Lola Pose Neira. Xa no segundo ciclo de Primaria, resultaron gañadores Xeila Gómez Naveiro, Hugo Nebra Iglesias, Rubén Barco Fuentes, Rosalía Vidueiros Fuentes, Uxía Chamosa Gañete, Darío Blanco Ruzo e Adrián Castro Riveiro. Do terceiro ciclo de Primaria, Lucía Picaño Lorenzo, Diego Iglesias Otero , Valeria Palomba Ortega Velasco , Marcos Grela Rozados, Xiana Regenjo García, Damián Pereira Neira e Candela Iglesias Tesouro. No primeiro ciclo de Secundaria impuxéronse María Mato Requeijo, Eva Vaamonde Suárez, Hugo Barruso Arias e Yolanda Blanco Sanmartín. No segundo ciclo de Secundaria, Bacharelato e ciclos formativos gañaron Gábor Pazos Oltai, Nicolás Luna Puente e Sergio López Loureiro. E na categoría de Bacharelato, Román Constenla Fontenla e Óscar López Iglesias.

En microrrelatos, venceron no primeiro ciclo de Primaria Manuel García Madriñán, Xián Gestoso Fuentes, Briexo Fernández Picallo, Xoán Zamar Barcala, Jorge Sieiro Piso, Laura Rodríguez Lea e Nicolás Moure González. De segundo ciclo de Primaria, Natalia Campos Valcárcel, Xulián Brey Couto, Irene Riveira Castro, Soledad Zuxia Chedas Ferrín, Irene García Casal, Brais Villar Matos e Claudia Varela Lodeiro. Do terceiro ciclo de Primaria impuxéronse Yanira Vivel Couso, Antía Golmar Espiño, Adrián Quintela Mareque, Lorenzo Touriño Blanco, Martín Villar Fins, Uxía Porto Rodríguez e Daniel Ruibal Balboa.Do primeiro ciclo da ESO gañaron Nerea Mosteiro González, Victoria Pazos Álvarez, David Barbeito Rebolo e Miguel Goldar Gómez. No segundo ciclo de Secundaria, Bacharelato e ciclos formativos, Manuel Pérez Domínguez, David Iglesias Pallas, Ainhoa Vivel Couso e Eva Coto Gañete. Finalmente, en segundo de Bacharelato foron premiadas Laura López Rey e Cristina Núñez Sanmartín.