O que pensan os alcaldables sobre o galego

monforte / la voz

LEMOS

A Mesa demandou compromisos concretos en materia de normalización

23 may 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

A Mesa pola Normalización Lingüística diririxiuse ao comezo da campaña electoral aos candidatos á alcaldía de Monforte para demandarlles compromisos concretos para fomentar desde o Concello o uso da lingua galega. En concreto, pedíalles que mostrasen o seu respaldo á aplicación dun plan que entre outras cousas propón que a atención telefónica do concello sexa inicialmente en galego ou que polo menos o 50% do tempo lectivo na escola infantil municipal se desenvolva neste idioma. Xosé Manuel Fernández, responsable da Mesa nesta comarca, aproveitou a recta final da campaña para difundir as respostas que recibiu.

Este é o resume e a interpretación que A Mesa fai das respostas recibidas:

Pilar López (BNG). Non suscribe o plan na súa totalidade, pero afirma que moitas das súas propostas xa están no seu programa electoral e que a normalización sería un obxectivo preferente dun goberno no que estea o BNG.

Julia Rodríguez (PP). A candidata do PP sostén que o galego xa é unha lingua consolidada e prestixiosa e que non está en perigo e alega que está pola normalización pero non pola imposición.

José Tomé (PSOE). Non se pronuncia nin a favor nin en contra do plan, pero asegura que o PSOE sempre reinvindicou un uso normalizado do galego.

Maribel García (Esperta Monforte!). Os voceiros desta candidatura afirman que a maior parte das propostas da Mesa están xa no seu programa electoral.

Amaro Carretero. Non respondeu á invitación da Mesa.