Galicia segue un ano máis por debaixo da media española en I+D

O Instituto Nacional de Estadística publicou este martes os seus datos de actividades de I+D no conxunto de Estado referentes a 2016. E Galicia segue, un ano máis, bastante por debaixo da media española no investimento en investigación, desenvolvemento e innovación. Sitúase no décimo posto das 17 comunidades autónomas.

O INE indica que en Galicia emprégase o 0,87% do PIB neste eido, fronte ao 1,19% da media estatal. E aínda máis lonxe das rexións punteiras, como o País Vasco, co 1,89% do seu PIB destinado a este senso, ou Madrid, cun 1,66%. No conxunto da UE, a inversión é aínda maior, cun 2%.

Publicidade

Lixeiro aumento respecto a 2015, pero menor ca o PIB

En canto á taxa de variación respecto a 2015, Galicia aumentou un 1,5% o seu investimento en políticas de investigación e desenvolvemento. Non en tanto, o crecemento foi menor ao PIB, que medrou por riba do 3%, e notablemente por debaixo das comunidades co maior taxa de crecemento, como Castilla y León (13,1%), Murcia (10,2%), ou Castilla-La Mancha (6,5%).

En Galicia gastouse, no conxunto destas accións, un total de 503 millóns de euros. No conxunto do Estado, o aumento foi menor, do 0,7%, lastrado sobre todo polo descenso do investimento en Andalucía, que caeu un 7,9%.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A fronteira con Portugal é a área de Galicia con maior presenza do mosquito da malaria

O insecto leva anos na comunidade pero o parasito non está en circulación, polo que o risco de transmisión autóctona é baixo

Unha dorsal anticiclónica disparará os termómetros por riba dos 30 graos

O mércores e o xoves serán os días máis calorosos da semana, con valores térmicos que superan a media de maio

Praga de moscas en 21 concellos galegos: as causas dunha invasión que vén para quedar

As variacións bruscas de temperatura e o cambio climático son factores que inflúen na multiplicación dos insectos

Unha viaxe ao pasado de Galicia: 4.000 anos de historia nun mapa interactivo

Chronas é unha ferramenta web con máis de 50 millóns de puntos de datos que abranguen dende o 2000 a. C.